Fotografías antigas de Campo Lameiro

Esta páxina nos permite realizar un paseo pola historia de Campo Lameiro, dende 1900 ata 1975. Unha Iniciativa coa que se quere salvagardar a historia, cultura e tradicións do pobo para que as actuais e futuras xeracións as coñezan, velen por elas e as promocionen.
  • 2_portada_facendo_carretera_campo_lameiro
  • 2_portada_palleiro_campo_lameiro
  • 2_portada_autobuses_Ferro_campo_lameiro

Tal vez non o atopes pero seguro que te sorprenderás recordando lugares esquecidos e descubrindo moitos novos.

Pode que recoñezas a persoas que xa non están entre nós ou fotografías dos teus antepasados ¿te gustaría?

Porque unha imaxe pode ter moitos recordos e cada persoa os percibe de forma diferente, agradecemos as vosas aportacións sobre as mesmas.

Entre todos podemos ir completando a historia do noso pobo.

Gustaríanos que fose un proxecto aberto ao futuro por iso precisamos fotografías anteriores a 1975 onde se poida ver como eran antes as rúas, casas, indumentaria, xente, negocios, ensinanza...

Agradecemos a todos a colaboración prestada.

¿Como colaborar?

Podes enviar as fotos antigas a cemit.campolameiro@xunta.es ou indo persoalmente á biblioteca Irmáns Ricoi.

As fotografías, a ser posible, deben aportar información relativa ao ano aproximado que foi sacada e o que representa.