Traballos

Os costumes van cambiando, e cada día, a nova tecnoloxía inunda o noso día a día, relegando ao esquecemento profesións e oficios que antano foron esenciais. Algúns, soamente cambiaron de nome, como foron os antigos bañeiros, que agora todo o mundo se refire a eles como socorristas; Outros, perderon o seu posto na sociedade substituídos por unha máquina, ou a causa dun sistema económico que os fixo imposible competir en prezos para gañar o sustento.

Neste apartado recordaremos os antigos negocios de Campo Lameiro así como calquera traballo da vida cotiá.