Retratos

Moitos profesionais da fotografía din que cada imaxe conta unha historia: fala dun momento, dunha situación, de recordos, de emocións…. Un retrato é unha das imaxes que máis sentimentos desperta.

Pero…. ¿nunca vos preguntastes porque da ausencia do sorriso en todas e en cada unha das fotos de retratos máis antigos que coñecedes? ¿Acaso era por que estaba prohibido? Neses anos quizais non concibían o feito de sorrir á cámara. ¿Estaban todos tristes e serios nesa época?

Podes comentar cada fotografía individualmente e aportar os datos que consideres oportunos.